A aecc estará presente na Limia a partir do martes

Casa_do_concello,_Xinzo_de_Limia,_Ourense_12
A aecc estará presente na Limia a partir do martes

Abrirá unha oficiña en colaboración coa Concellería de SS.SS. de Xinzo

A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO de Ourense, inicia unha nova andadura na Comarca da Limia coa colaboración da Concelleira de Servizos Sociais do asoc. cancer-concelloConcello de Xinzo de Limia, a través da cesión dunha oficina municipal. Dita oficina está ubicada no primeiro andar do edificio de Servizos Sociais do Concello de Xinzo de Limia.

O novo servizo contará cunha profesional, Traballadora Social que se encargará de achegar á Comarca os servizos, programas e actividades da AECC de Ourense. O servizo iniciarase un día por semana, os martes, podendo ser modificado en función da demanda da zona. A oficina na que se ubicará a AECC será no primeiro andar do edifico de servizos sociais; local de cesión municipal.

Esta nova sede é un gran paso para poder achegar os servizos ao maior número de poboación posible do resto da provincia. A partir deste momento, as persoas diagnosticadas de cancro e os seus familiares da comarca da Limia, poderán recibir asesoramento, apoio, atención social, información e recursos que lles poidan axudar a sobre levar dita situación.