AFAOR presentou, como que vai a ser o curso “Paraugas ao Alzhéimer”

IMG_20191023_171602
AFAOR presentou, como que vai a ser o curso “Paraugas ao Alzhéimer”
Desenrolarase ao longo dos próximos meses en sesións de 3 h aprox.

Maiara Esteban e Miguel Lázaro explicaron con detalle o desenrolo do programa

Tal e como estaba programado na tarde de onte mércores representantes da asociación AFAOR desprazáronse ata Xinzo para dar comezo o curso denominado “Paraugas ao Alzhéimer” que en colaboración coa fundación Barrie e o Concello de Xinzo se vai a desenrolar ao longo dos seguintes meses.

IMG_20191023_173525Primeiro foi Miguel Lázaro coordinador de AFAOR o que presentou a asociación os seus fins e a forma de traballo.
Logo foi Maiara Esteban, educadora social a que xa entrou un pouco máis nos detalles de como se vai a realizar o curso nas vindeiras semanas comezando por falar sobre o que os presentes coñecen sobre as enfermidades de demencia, dentro dás que se atopa o alzhéimer, obxecto do curso.
O curso en si vai dirixido a todas as persoas coidadoras de enfermos con esta patoloxía, entrando en algún momento xa no intercambio de opinións sobre os puntos a tratar con aqueles presentes que xa están levando a cabo esa función con familiares.
Aínda está aberto o prazo para anotarse, sendo totalmente gratuito. Todos aqueles que queiran participar das charlas pódeno facer nas oficinas de SS.SS. do Concello.

MOITAS INCOGNITAS QUE SE DESVELARÁN AO LONGO DAS XORNADAS

Moitas foron as preguntas que se fixeron tanto dende os veciños que asistiron como da propia penente que serán contestadas ao longo das xornadas do curso, ainda que como xa quedou claro, cada persoa que sofre esta enfermidade, pode ter unha conducta moi particular, que depende de moitas das súas vivencias.

burst