AS AGRUPACIÓNS LOCAIS DE COMPROMISO POR GALICIA SERAN AS QUE DECIDAN A MANEIRA DE PARTICIPAR NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DA ORGANIZACIÓN GALEGUISTA EN CADA UN DOS CONCELLOS

anagrama compromiso
AS AGRUPACIÓNS LOCAIS DE COMPROMISO POR GALICIA SERAN AS QUE DECIDAN A MANEIRA DE PARTICIPAR NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DA ORGANIZACIÓN GALEGUISTA EN CADA UN DOS CONCELLOS
Ademais todos os seus candidatos/as serán escollidos mediante eleccións primarias abertas ao conxunto da cidadanía. Dependendo das circunstancias a nivel local...

Ademais todos os seus candidatos/as serán escollidos mediante eleccións primarias abertas ao conxunto da cidadanía.

Dependendo das circunstancias a nivel local Compromiso participará en solitario ou en coalición con outras forzas. Tal e como se acordou de xeito maioritario nunha consulta celebrada recentemente entre os seus afiliados e simpatizantes no conxunto de Galicia, serán as agrupacións locais de Compromiso as que en cada caso e, en función das circunstancias, decidirán si participan nas eleccións municipais por medio dunha candidatura propia ou en coalición con outras organizacións e colectivos cidadás. Eleccións primarias para escoller aos candidatos/as a partir de setembro. O proceso de primarias comezará no mes de setembro do presente ano e rematara no mes de abril de 2015, sendo as sete grandes cidades, as localidades onde primeiro se levarán a cabo. Segundo o Coordinador Territorial de Compromiso en Ourense, Pérez Bouza “antes do 31 de outubro, teremos escollidos os candidatos/as das sete grandes cidades, estando previsto que na de Ourense, ese proceso se leve a cabo xa na segunda quincena do mes de setembro”. Ourense prioritario para Compromiso Ourense en palabras de Pérez Bouza “é unha das cidades nas que Compromiso conta con acadar representación nas vindeiras municipais, e por iso queremos escoller canto antes á persoa que sexa o referente de Compromiso, para inmediatamente empezar un proceso de contacto directo coa cidadanía do que sairá o proxecto político que imos defender nas vindeiras eleccións municipais e que terá como eixos básicos a participación cidadá activa na toma de decisións, a transparencia total na xestión municipal, a eficiencia no gasto de recursos públicos e a tolerancia cero coa corrupción”. Desaloxar aos partidos do lío permanente da Casa do Concello Entre os obxectivos de Compromiso para a cidade de Ourense o Coordinador dos galeguistas, destaca o de “desaloxar da Casa do Concello aos partidos que durante estes últimos anos estiveron instalados no lío permanente, sen interesarlles para nada darlle solución aos moitos problemas dos cidadáns”.