Aínda en Alerta podemos doar sangue

IMG_20200320_123726
Aínda en Alerta podemos doar sangue
A unidade de doazón estará todo o día no sitio de costume, ás portas do Concello

A unidade de doazón de sangue da Fundación Galega desprazouse hoxe ata Xinzo, coa rutina normal de todos os meses para recoller as doazóns dos veciños de Xinzo, que como todos debemos recordar, fomos galardoados por ser un dos pobos máis solidarios de Galicia en doazón de sangue.

TODOS PODEMOS SEGUIR DOANDO, SEMPRE QUE NON VEÑAMOS DUN SITIO DE RISCO

Segundo nos comentaron persoal do equipo, todos podemos seguir doando sangue a excepción das persoas que estiveran nestas pasadas semanas en Madrid, Vitoria, Italia, China, etc. Loxicamente procedentes de lugares nos que exista un foco grande de infestados.