ALBA FEIXÓO RECOLLE AS DEMANDAS DO CAMPO LIMIAO PARA DEFENDELAS
Alba Feixóo, candidata ó Congreso dos Deputados do BNG pola provincia de Ourense, ten prestado especial atención ás necesidades do sector agrícola en Xinzo.
Camilo Vila, concelleiro do BNG en Xinzo de Limia e dunha familia pataqueira, acompañou a Alba na revisión do funcionamento do sistema provisional do Plan de Regadío así como a evolución da campaña de produción de patacas e cereal, afectada pola meteoroloxía que imperou no mes de xuño, cargada de auga e impropia deste tempo. Feixóo manifesta que “un goberno que teña interese real na Limia debe defender as producións incluso contra os efectos do cambio climático”.
A visita enmárcase na campaña electoral do 23 de xullo onde o BNG ourensán confía en obter por vez primeira representación nas Cortes en Madrid.