Alertan ao 112, bombeiros e policía local e a veciña estaba placidamente durmida na súa casa.

IMG-20210610-WA0001
Alertan ao 112, bombeiros e policía local e a veciña estaba placidamente durmida na súa casa.

Unha veciña do concello de Xinzo acciona o botón de auxilio no coche e vaise a durmir

Ai veces que as luces “destellantes” dos nosos coches no xogan malas pasadas.

Na pasada noite unha veciña chegou co seu flamante coche novo ao garaxe e ao ver a luz de SOS que os novos coches soen traer de serie, deulle varias veces, e vendo que non pasaba nada deitouse tranquilamente.

Non pasou nada no coche pero si no centro de alarmas do 112 a onde chegou a sinal e inmediatamente puxeron en marcha un dispositivo de axuda composto por unha dotación de bombeiros, dúas patrullas de seguridade cidadán e Protección Civil.

No lugar a onde os dirixiu as coordenadas do 112, non había ningún accidente e buscando, buscando atoparon o coche no garaxe e a dona durmindo placidamente.

Afortunadamente para todos, todo acabou nunhas risas.