martes. 21.03.2023

Algaria Asociación PDC convida á xente da Limia a un magosto que van celebrar en Baltar

castaña

    O outono chegou e a piques de rematar outubro comezan a organizarse os tradicionais festexos que teñen a castaña como protagonista. Algaria Asociación PDC xunto coa Aixiña van celebrar un magosto o vindeiro 19 de novembro en Baltar. 

O evento terá lugar nas instalacións que o Concello lles vai ceder de balde e que aínda están pendentes de saber cales van ser. O que si teñen claro é que o magosto vai cumprir coa tradición e non faltarán os pratos típicos como empanada, churrasco, biscoito e por suposto castañas. 

O prazo máximo para anotarse é ata o 14 de novembro e poden facelo a través do teléfono 648 67 85 15 ou no correo electrónico [email protected]

Para facilitar a participación no evento de toda a cidadanía disporán de transporte para aquelas persoas que non poidan acudir polos seus propios medios. 

Comentarios