Almorzo ecolóxico e musical na Ludo3

almorzos na Ludo3
Almorzo ecolóxico e musical na Ludo3
O artista Xoán Muriel amenizará a comida máis importante do día o vindeiro sábado 14 de xuño REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Un almorzo para chupares os...

O artista Xoán Muriel amenizará a comida máis importante do día o vindeiro sábado 14 de xuño

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Un almorzo para chupares os dedos acompañado de música chulísima, iso é o que prepara a Ludo3, a Ludoteca de Xinzo de Limia para o vindeiro sábado 14 de xuño.

A partir das once poderás desfrutar de cousas riquísimas e ecolóxicas para empezar o día con enerxía, como zume de laranxa, aceite, galletas O Grelo Verde, pan tradicional, mel e marmeladas caseiras.  E a continuación, a partir das doce, non poderás evitar mover o esqueleto ao ritmo de Xoán Curiel que ademais presentará o seu novo traballo, a novela disco “Estamos no verán” á que deu vida en colaboración con Charo Pita. Se non aguantades ata o sábado e queredes comprobar xa mesmo como sona a música deste artista non tedes máis que premer aquí.

O prezo das entradas, que xa están á venda na ludoteca, é de cinco euros, e os que veñan en familia poderán desfrutar de descontos.