lunes. 25.09.2023

Cando faltaban 3 minutos para a hora de comezo do curso escolar 23/24 no Conservatorio de Música de Xinzo,  quixemos saber como era ese momento da man da xa veterana directora do mesmo Esmeralda Marra, a que acepta gustosa, aínda que un pouco apurada e chea de papeis, esperando a que chegasen os primeiros alumnos pola porta.

comezo curso0041
comezo curso

O primeiro que nos transmite e a satisfacción de todo o profesorado porque ano a ano a matrícula aumenta e dende abaixo. Este ano temos máis de 20 alumnos en primeiro. En total este ano teñen 130 matrículas. Aínda así tamen quere anunciar que neste momento a matrícula esta aberta para nenos de 6 anos en Musica en movemento e iniciación musical.

comezo curso0031
comezo curso

POUCO TEMPO PARA ORGANIZAR

O inicio de curso foi moi rápido polo que non deu tempo de preparar todo o que se vai a levar a cabo neste curso. O  único que nos deu tempo a facer, foi documentación de  matrículas, facer os grupos e os listados, agora sobre a marcha e coas clases comezadas faremos a programación xeral do curso, no que a atinxe a actividades extraescolares, concertos etc.

NECESIDADES

comezo curso0021
comezo curso

Como necesidades, aínda que sexa un “brindis ao sol” a directora pide un auditorio, pero sobre todo reivindica a segunda planta do conservatorio. Cando se estreou  este edificio , xa se falou que faltaba unha planta, planta que ela reivindica como necesaria.

UN PIANO CON URXENCIA

comezo curso0061
comezo curso

Esmeralda ponse seria neste momento para solicitar, si ou si outro piano. Levamos moitos anos con este único piano e necesitamos outro con moita urxencia. Demanda que fai a todas as autoridades municipais e autonómicas. E para seguir pedindo, agora que estamos no primeiro día de curso, estaría moi ben que o CMUS de Xinzo tivera algunha outra especialidade, neste caso de percusión. Son moitos rapaces e rapazas que xa están a facer percusión , na escola de gaitas e na escola de música da Agrupación, pero Xinzo necesita percusión pero regrada.

comezo curso0121
comezo curso
comezo curso0111
comezo curso0111
comezo curso0101
comezo curso0081
comezo curso0051
comezo curso0051