Con moita organización, moitos colaboradores e moitos camiñantes, fai unha media hora que tomaron a saída preto dun cento de afeccionados entre os que se encontran as xa asiduas compoñentes do grupo SENDALIMIA, así como neste caso o numeroso grupo de SENDERISTAS DA LIMIA , capitaneados por Guillermo, que neste caso actuaba como organizador, como primeiro responsable do grupo de Cruz Vermella de Xinzo.

Guillermo, quixo agradecer a participación dos moitos inscritos, así como a Policía Local e Protección Civil, ao grupo de voluntarios de Ourense, que tamén estaban, como non ao grupo de voluntarios de Xinzo, que se encargaron da intendencia e moi especialmente a alcaldesa Elvira Lama, non solo pola súa presenza, se non tamén en representación do Concello, sen os cales estas andainas non se poderían levar a cabo, con todas as medidas necesarias.


