A ANPA do C.E.I.P. Rosalía De Castro, presenta esta semana a campaña CAMIÑOS ESCOLARES LIMPOS

recolle a caca
A ANPA do C.E.I.P. Rosalía De Castro, presenta esta semana a campaña CAMIÑOS ESCOLARES LIMPOS

As campañas de concienciación e sensibilización nacen dunha necesidade

É indispensábel un pobo con rúas, prazas e parques limpos para reafirmarnos como veciños e veciñas de primeira, pondo en valor un estilo de vida digno.

A ANPA do C.E.I.P. Rosalía De Castro, presenta esta semana a campaña CAMIÑOS ESCOLARES LIMPOS que pon o foco nos camiños que levan ó cole e todos os días son percorridos por moitas familias. Cada día atopámonos con cantidade de excrementos que fan dos itinerarios unhas experiencia pouco saudábel e desagradábel

O sentido da campaña é visibilizar entre a veciñanza ó problema é pedir colaboración para manter limpos uns camiños tan transitados.

20201202_002124

Para este cometido colocáronse unhas placas cun pictograma acompañado do texto Camiños escolares limpos ademais da frasetaxativa Recolle a caca.

Complementouse a acción cunhas pegatinas pegadas nas papeleiras colocadas ó longo dos camiños escolares. E tamén en redes faremos tarefas de visibilización da campaña. Agradecen a colaboración do Concello de Xinzo de Limia e da axencia de deseño e publicidade Miratel