A ANPA do CEIP Rosalía de Castro busca mais socios

FOTO2
A ANPA do CEIP Rosalía de Castro busca mais socios

NOTA DE PRENSA DA ANPA

Comeza un novo curso e con el una nova ANPA, renovada e con moitas ganas de traballar.

Este ano académico 2018/2019 a ANPA do CEIP Rosalía de Castro en Xinzo de Limia queremos chegar a máis familias e darlle información sobre que son as ANPAS e que función cumpren.

Por iso, esta primeira semana de Outubro estaremos presentes nos horarios de entrada e saída dos nenos e nenas do colexio cunha mesa informativa facendo campaña para por en valor as asociacións de nais e país dos alumnos.

Precisamos fortalecer a nosa asociación con mais familias asociadas e así ter máis capacidade de buscar solucións a problemas colectivos ou individuais dos alumnos e alumnas e tamén facer moitas máis actividades lúdicas e educativas nas que estamos xa a traballar.

Tamén presentamos una segunda campaña en colaboración co comercio local. O carné de asociado ademais serve para que se poidan beneficiar os socios de descontos en algúns dos comercios da vila.

Desexamos que despois desta acción programada e organizada podamos sumar forzas. Así que animamos a todas as familias a que se acheguen e participen activamente nesta nova temporada.

Esperemos poder compartir un ano cheo de vivencias ilusionantes, dun aprendizaxe motivador e en consecuencia gañar calidade de vida no educativo dos nosos fillos e fillas.