Antón Riveiro Coello galardoado co Premio Fervenzas Literarias 2015

Antón Rivero
Antón Riveiro Coello galardoado co Premio Fervenzas Literarias 2015

Recibe o recoñecemento polo seu libro Os elefantes de Sokúrov

O escritor da Limia está de celebración por este novo premio desta volta como Mellor Libro de Narrativa pola súa obra Os elefantes de Sokúrov.coello

Nesta novela, Antón Riveiro Coello recolle a historia dde Janis, unha moza que viven en Compostela e que se enfronta a unha situación complicada, no medio da crise económica no 2012, ó tempo que a protagonista sente a necesidade de coñecer o seu pasado as razóns dunha existencia na que non atopa un futuro.

Sobre un tema tan actual fala o autor de Xinzo, a través das historias dos seus personaxes. Riveiro Coello consegue conectar o pasado e o presente e recolle temas de actualidade como os problemas da vellez, os desafiuzamentos, o traballo precario da mocidade ou a pobreza nas rúas.

Por todo isto, Os elefantes de Sokúrov acaba de recibir o Premio Fervenzas Literarias 2015, na categoría de Mellor Libor de Narrativa. Os gañadores son escollidos polos lectoras e lectoras a través dunhas enquisas que nesta edición foron un total de 439. Os premios que convoca esta páxina web non teñen dotación económica, son un recoñecemento ós traballos editados e véñense convocando de caracter anual dende o 2007.