Antón Riveiro Coello volve ó seu pobo natal para presentar a súa obra "Os elefantes de Sokúrov" que acaba de recibir o Premio Fervenzas Narrativas.
Nesta novela o escritor recolle a historia de Janis, unha moza que viven en Compostela e que se enfronta a unha situación complicada, no medio da crise económica no 2012, ó tempo que a protagonista sente a necesidade de coñecer o seu pasado as razóns dunha existencia na que non atopa un futuro.
Riveiro Coello consegue conectar o pasado e o presente e recolle temas de actualidade como os problemas da vellez, os desafiuzamentos, o traballo precario da mocidade ou a pobreza nas rúas.
Sobre todo esto e máis falará na presentación do seu libro que terá lugar o venres 4 ás 20.30h no café Ítaca. O acto estará presidido por Antón Riveiro Coello, Contará coa compañía do representante de Galaxia, Fernando Fernández González; o escritor Xesús Laíño; o xerente do café Ítaca, Gonzalo Peláez e concelleiro de Turismo de Xinzo, Carlos Gómez.