Apertura dunha "casa niño" na Limia

o viso 5
Apertura dunha "casa niño" na Limia
No CDR-O Viso en Lodoselo (Sarreaus)

A Casa Niño de Lodoselo, integrada no Centro de inclusión do CDR O Viso abriu as súas portas despois de varios meses de trámites burocráticos.

Trátase dun proxecto piloto financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

o viso 3Botamos a andar en pleno agosto, estando as hortas a piques de madurar os seus froitos e coas anduriñas, os pardaos, as pegas bulindo enriba das nosas cabezas.
Estamos afacéndonos as unhas ós outros, coñecéndonos, observándonos e familiarizándonos co espazo moi paseniño, co respecto máximo polo ritmo propio de cadaquén.
Reivindicamos a importancia da etapa 0-3 desde un enfoque educativo e non só asistencial; trátase dun periodo fundamental para toda persoa e cremos que temos a responsabilidade de abordalo de xeito profesional, responsable e respectuoso á infancia.
Dentro do proxecto educativo integral que defende o CDR O Viso velaquí outra oportunidade de mesturarnos nenas, nenos, maiores e o persoal do centro para convivir e aprendermos uns das outras.