Aprobado por unanimidade o expediente de honra ao ascendido Capitán da Garda Civil José L. Casas

capitán Casas
Aprobado por unanimidade o expediente de honra ao ascendido Capitán da Garda Civil José L. Casas

O acto institucional de entrega da medalla, será mañá venres as 12 horas no salón de plenos

O pleno acordou aprobar o expediente de honra ao capitán da Garda Civil José Luís Casas. Destacouse a súa dedicación a prol da seguridade dos veciños de Xinzo de Limia e remarcouse a súa colaboración coa Policía Local. Está previsto que mañá se lle faga entrega da Medalla do Concello de Xinzo de Limia nun acto que terá como escenario o salón de plenos ás 12:00 horas.

Ao acto asistirán superiores da Garda Civil de Ourense, membros da Policía Local e espérase a presenza do subdelegado do Goberno en Ourense.