Arnuide será a próxima parada

Arnuide será a próxima parada

A Exposición “Mulleres símbolo do rural” segue o seu percorrido pola Limia

Mañá venres 20 de maio ás 18:00 ten previsto inaugurarse a exposición sobre “Mulleres símbolo do rural” no centro social de Arnuide, no concello de Vilar de Barrio.

Nesta ocasión a exposición fará unha mención especial a Serafina Nóvoa e a Florinda Gómez.

A exposición organizada pola Escola Rural de Saúde da Limia, comezou o seu percorrido pola Limia en Porqueira, pasando despois a Xinzo.

Nesta ocasión estarán presentes na inauguración Luz Doporte Real responsable da área de Benestar e Igualdade da Deputación, Manuel Lage Parente, promotor do Museo rural de Maceda e a coordinadora da Escola R.S.L. Lola Rico.