A ARQUITECTURA E O DESEÑO NA LIMIA, TEÑEN NOME PROPIO

IMG_9787
A ARQUITECTURA E O DESEÑO NA LIMIA, TEÑEN NOME PROPIO

Os seus principios fusionan o práctico, funcional e a integración no medio pero sen imitar

Rivero-Santana, arquitectos

IMG_9785Cando un pasa pola rúa Marcelo Macías, no nº 8 en Xinzo, dáse conta de que dentro ten que haber algo distinto. Loxicamente sendo un estudo de arquitectura a cuestión é lóxica. Pero cando un se atreve a traspasar as portas entende a primeira, onde te atopas. Pero o que é máis importante xa de principio, é a sensación de atoparte a gusto.

Dentro encontraste cun binomio formado por un galego moi galego e con unha tinerfeña que tamén fala galego , pero como non podía ser doutra maneira con acento canario, que o fai moito máis sonoro.

Julia Santana e Agustín Rivero, coñecéronse en Madrid facendo a carreira de arquitectura, e xa se sabe o que soe pasar nestes casos.

Logo dunha primeira experiencia na capital, e unha vez que a crise se adueñou do sector deciden probar fortuna polas nosas terras.

Levan 6 anos en Xinzo, aínda que antes tiñan o estudo no propio piso, ata que se lle fixo pequeno e deciden abrir local a pe de rúa. Fai dous meses que se atopan no novo emprazamento.

IMG_9781 MOITO RURAL

Como o mundo da construcción virou cara o rural, eles están moi especializados en reformas de vivendas rurais e novas edificacións, case todas unifamiliares. Tanto pode ser unha palleira, como a casa solariega dos avós que hai que restaurar. Vendo o deseño do seu estudo, un IMG_9782comprende facilmente por onde van os seus traballos.

Aparte do deseño non e só encaixe no medio en que se asenta a casa, ou onde se vai a construír.Estudan moito a economía de medios coa comodidade. Hoxe máis que nunca o futuro habitante da vivenda, non só ten que sentirse cómodo, se non que ten que poder pagar os gastos enerxéticos diarios, que de non ser estudados con aterioridade poderían ser insoportables. A ninguén lle asusta hoxe en día as enerxías renovables.

En Sandiás, por exemplo, unha das rehabilitacións feitas por eles, funciona con xeotermia e mantén a casa sempre a unha temperatura de inverno en torno ós 22 grados e no verán refrixerada, e o máis importante , non se asusta cando o carteiro chega, posto que nunca trae facturas dese gasto.

DE XINZO A TODA GALIZA

Loxicamente, non solo traballan na Limia, se non que as súas rehabilitacións xa teñen o seu selo persoal noutras comarcas de Galicia, en todas as provincias e cidades teñen xa reseña da súa pegada, menos en Lugo. Parece que a muralla de momento resulta infranqueable, aínda que non inexpugnable.

Concurso plazaOutras das facetas que levan a cabo son os concursos públicos con deseños tan espectaculares como o dunha praza do concello de Vigo, que de momento aínda non se descartou.

INTERIORISMO, CERTIFICADOS ENERXÉTICOS E INSPECCIÓNS TÉCNICAS DE EDIFICIOS.

Pero nestes tempos hai que diversificar acción, e unha das que están a experimentar é o deseño de interiores, locais,comercios, cafeterías etc. E como non podía ser doutra maneira tamén dentro dos seu traballo diario atópanse as Certificacións Enerxéticas, imprescindibles para a venda dunha casa ou un piso e as ITV dos edificios.

Solo lle queda a Julia e Agustín ver o último \“deseño\”, dentro duns meses, para saber quen puxo máis parte nel,ou ela , se o galego ou a tinerfeña.6