Arrancan os obradoiros, organizados pola Asociación de artesáns, Limiar no Museo da Limia.

Obradoiros artesáns no Museo da Limia
Arrancan os obradoiros, organizados pola Asociación de artesáns, Limiar no Museo da Limia.
Sábados e domingos de 16:00 a 18:00

A Asociación de artesáns da Limia, LIMIAR, comeza a impartición de cursos e obradoiros, nas instalacións do Museo da Limia (Vilar de Santos) o vindeiro mes de abril.

CESTERÍA E PEZAS DE TEAR

O curso de cestaría, impartido polo artesán Sergio Moreno Solana, desenvolverase todos os sábados de abril, en horario de tarde, de 16:00 a 18:00 horas e terá un custo de 30 euros, no que se incluirán os materiais necesarios para o desenvolvemento da actividade.

No mesmo horario, de 16:00 a 18:00 horas, dende o luns 11 ao 13 e o sábado 16 de abril impartirase o curso para cativos, denominado Peza en tear rectangular. A cota será de 20 euros para os asistentes empadroados en Vilar de Santos e 25 euros para o resto. Este curso será impartido pola costureira, Mercedes Veitez Pérez.

VISITAS AO MUSEO

Durante a Semana Santa, tanto para visitas como para adquirir os produtos elaborados polos artesáns, o Museo abrirá tódalas tardes, dende o luns día 11 ao 15 de abril, de 16:00 a 18:00 horas, e os días 16 e 17 (sábado e domingo) manterase o horario habitual, de 11:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas.

As persoas interesadas deberán inscribirse, chamando ao teléfono 617844097.

lino
Tear na Museo da Limia -Vilar de Santos

[A citada asociación, integrada no Museo da Limia (Vilar de Santos), que comezou a súa andaina a comezos do pasado decembro para crear, producir, investigar e estudar bens artesanais, velando pola difusión, conservación, innovación, defensa e promoción da artesanía galega, está conformada por dez artesáns que desenvolven a actividade nos eidos da cestaría, olaría, instrumentos musicais, pantalla, costura, filigrana e prataría]