"Así é a miña vila, así é a miña xente"

IMG-20190109-WA0020
"Así é a miña vila, así é a miña xente"

Este será o tema do 1º concurso de fotografía escolar que organiza a ANPA do CEIP Rosalía de Castro

A ANPA do Rosalía de Castro de Xinzo abre hoxe día 14 de xaneiro o prazo para presentar fotografías para o 1º concurso de fotografía escolar.

Os obxectivos do concurso son a posta en valor da vila onde vivimos e convivimos.

Haberá dúas categorías e o prazo de presentación dos exemplares orixinais en tamaño 20x25 rematará o próximo 25 deste mes de xaneiro.

Con todas as fotografías presentadas farase unha exposición cuxa inauguración anunciarase oportunamente.

Poderán participar todos os membros da ANPA do centro entre os 3 e os 12 anos.