A Asociación da Pantalla xa ten nova directiva

96
A Asociación da Pantalla xa ten nova directiva

Suso Fariñas e Segúndo Diz, permanecerán a título honoríco e de asesoramento

Tal e como estaba previsto na tarde do sábado quedou constituída a nova directiva da Asoc. \“A Pantalla\”, quedando os seus anteriores directivos como acompañantes de \“honra\” para facer a \“transición\” dunha maneira ordenada.

Fai 15 días que se fíxo unha asemblea aberta para que todos aqueles que quixeran formar parte da nova asociación tiveran oportunidade.

Naquel mesmo momento déuselle entrada a mais de medio cento de persoas que así o manifestaron e decidiuse ao cabo de 15 días facer as eleccións para a nova directiva.

Este sábado foi a elección entre os 21 que así mostraron o seu interese de participar, e trala votación resultaron elixidos Dani, Castor, Pepe Calleja, Leti, Carlos, Luis Xosé Xoga e Janira.

Xesús Fariñas e Segundo Díz, as dúas persoas homenaxeadas na asemblea anterior quedarán a título honorífico, despois da súa traxectoria dentro da asociación.