A asociación “A Pantalla” organizou un magosto tradicional

Magosto da Asociación A Pantalla
A asociación “A Pantalla” organizou un magosto tradicional

Lume, castañas, música tradicional e baile

Estes foron os ingredientes cos que a Asociación A Pantalla, organizou o magosto 2021, en colaboración co concello.

Segundo manifestación dalgún membro organizador, non se trataba de facer un magosto multitudinario, se non todo o contrario facer un magosto con castañas, elemento imprescindible e a música tradicional que nesta ocasión veu da man do cantautor e recolledor de cancións galegas Xisco Feijoó e os seus acompañantes.

Un grupo numeroso de persoas de todas as idades participaron nos bailes tradicionais que eran animados polo profesor de baile Artur Puga.

OPINIÓNS PARA TODOS OS GUSTOS

Loxicamente como soe suceder nestes casos as opinións sobre as celebracións sempre soen ser “variopintas” . Os que participaron activamente neste magosto, que non era do concello, insistían, estaban satisfeitos coa maneira de levalo a cabo “tradicionalmente enxebre”, poderíamos dicir. Porén aqueles que pensaban que este era o magosto do Concello, botaban en falla outras cousas, como os chourizos, o chocolate e a bica.