Na mañá de hoxe, día 4 de xaneiro e na Praza Maior da vila de Xinzo, levouse a cabo o sorteo das dúas cestas de Nadal que este ano a asociación sorteaba entre tódolos seus clientes e clientas.
Neste caso a man inocente foi Alberto, propietario dun dos cafés da praza, e o notario foi a árbore de nadal instalado no lugar. O valor das cestas superou, nesta edición, os douscentos euros.
DOUS ANOS DE ASOCIACIÓN E 21 MEMBROS
A asociación leva dous anos funcionando e xa conta con 21 membros, todos eles mulleres. Non están asociados todos os centros, pero si a grande maioría, destacando a presenza do centro de Rebordechá.
A asociación formouse para a mellor promoción das súas asociadas, ademáis de poder organizar cursos de formación para todas.
Unha das particularidades deste colectivo empresarial, só de mulleres, é que a presidencia é rotatoria.
MOITO TRABALLO
Debido ao moito traballo que houbo neste Nadal, aínda non tiveron tempo para facer a cea anual, cousa que deixarán para pasadas as festas. Porén, xa están a preparar as actuacións que como colectivo emprenderán de cara á celebración de S. Valentín. Tal foi o traballo que o número de papeletas que se atopaban na bolsa pasaba amplamente do milleiro.