Asociación de Propietarios, Fincas, Solares y Casas de A Moreira

IMG-20200718-WA0009
Asociación de Propietarios, Fincas, Solares y Casas de A Moreira

Xa está presentada a documentación cos socios fundadores.

A xunta directiva fai un chamamento para que todos aqueles que aínda non se enteraron, se fagan socios

A semana pasada quedou constituída a asociación e cada día que pasa son máis os veciños e propietarios que se están anotando para formar parte da mesma. O obxectivo é chegar ao 100% de propietarios, rondando neste momento xa máis do medio cento.

MOITAS DEFICIENCIAS

IMG-20200718-WA0012

Momento da afiliación de socios da asociación

Segundo o seu presidente Julio Carrera, son moitas as deficiencias que queren por encima da mesa das distintas administracións. Falla de auga, de abastecemento electrico, pistas sen asfaltar, puntos negros etc.etc.

Déronse datos na asemblea xeral por parte dalgún dos socios presentes que a tensión coa que chega o suministro eléctrico as súas vivendas as veces non chega aos 120V.

Julio Carrera, na súa presentación matiza que non quere confrontación politica ningunha, pero que xa chegou a hora de reivindicar o que teñen todos os veciños de Xinzo que pagan impostos. "Sabemos que o novo Goberno leva pouco tempo, e a nosa alcaldesa está a facelo ben, pero observamos certa descoordinación entre membros do seu equipo.

IMG-20200718-WA0013