9 de agosto de 2017, 23:19
“Súmate, doa sangue” é a campaña que se está a desenrolar pola Fundación neste verán 2017.
O Concello de Xinzo, despois de ser nomeado o Concello mais solidario de Galicia polo número de doazóns de sangue por habitante, quere animar a todos os veciños, tanto de Xinzo como da Limia a que sigan colaborando de maneira totalmente desinteresada na doazón de sangue.
Recorda que teñen que ser maiores de idade e non se pode ir sen almorzar e absterse aqueles veciños e veciñas que estean a tomar medicamentos.