Axudas para a informatización das asociacións do rural

Axudas para a informatización das asociacións do rural

A Xunta destina case 715.000 € a fomentar as actividades de interese agrario e a favorecer a actualización informática das organizacións profesionais e asociacións do rural

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe dúas resolucións da Consellería do Medio Rural polas que se dá publicidade ás axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para realizar actividades de interese agrario, por un lado, e tamén para a adquisición e mantemento dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, por outro. En total, os beneficiarios destas achegas foron 10 entidades, cun importe conxunto de 714.313 euros.

No que atinxe ás axudas para a realización de actividades de interese agrario, a subvención conxunta nesta convocatoria de 2021 foi de 600.000 euros. A finalidade destas achegas é a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.

Así, son subvencionables as funcións e actuacións que lles son propias conforme á normativa legal, funcións ordinarias de xestión interna, representación perante as institucións e a participación nos órganos colexiados que foron constituídos pola Administración galega para a defensa dos intereses dos seus representados.

Con respecto á segunda resolución, corresponde ás axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións do sector para a adquisición e mantemento dos bens informáticos e dos medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades. A medida, que foi a primeira vez que se convocaba neste pasado 2021 e que supuxo unha achega pública de 114.313 euros para estes beneficiarios, ten como finalidade favorecer a actualización informática das organizacións profesionais e asociacións agrarias.

Pódense consultar ambas resolucións nas seguintes ligazóns:

Actividades de interese agrario:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220107/AnuncioG0426-151221-0005_gl.html

Resolución de adquisición e mantemento dos bens informáticos:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220107/AnuncioG0426-291221-0007_gl.html