miércoles 8/12/21

    Esta fin de semana a vila asturiana de Candás celebreu a XX Edición do seu festival de bandas de gaitas. Ata alí acudiu a Banda de Gaitas de Xinzo de Limia que deixou moi bo sabor de boca entre o público coa súa actuación. 

Ademáis de subir ó escenario os da Limia xunto coa Banda de Gaitas de Candás, realizaron un pasarrúas ante a atenta mirada de tódalas persoas que acudiron ó festival. 

Durante tres días citáronse no lugar músicos chegados de todo o mundo e que converteron a vila no epicentro da música tradicional das bandas de gaitas. 

Comentarios