O bar Holiday de Xinzo ponse nas mans dun mozo de 19 anos

cristian
O bar Holiday de Xinzo ponse nas mans dun mozo de 19 anos

O venres 17 de xullo o bar Holiday de Xinzo abría as súas portas estreando xerencia.

Cristian, un mozo de 19 e natural de A Forxa, asume dende entón a dirección deste local situado na rúa do Toural.

Pese a súa idade asume este reto con moitas gañas sobre todo polo impulso e apoio que lle deu a súa familia, razón que o levou a abrir o seu propio negocio.

Na inauguración que tivo lugar o venres asistiron multitude de amigos, familiares e xente que se viu atraída pola nova apertura do bar na vila.

cristian 2