Un bar de Xinzo convértese nun expositor de máis de 100 postais de todo mundo

monforte 1
Un bar de Xinzo convértese nun expositor de máis de 100 postais de todo mundo

Achegarse ó Bar Monforte de Xinzo é abrir a porta a unha exposición do máis pintoresca. No seu interior alberga máis de cen postais de tódolos países, dende Lisboa, París, Holanda, Roma...e doutros continentes como América do Norte ou do Sur e por suposto de toda España.

Os seus clientes son moi viaxeiros e cada vez que visitan un lugar envíanlle unha postal ó bar Monforte. Todo comezou como unha anécdota entre amigos e agora converteuse case que nunha tradición. O certo é que moita xente que pasa polo bar queda engaiolada coa mostra porque hai de todo, dende as máis clásicas ata as máis divertidas. postais

A colección de postais fai único o Bar Monforte que rexenta Antonio Jose Rodríguez dende hai 5 anos. Un local especial para el pois ven de tradición familiar. O bar abriu no ano 1951 de logo de pasar uns anos pechado, Antonio rescatouno no 2010 e agora é un referente en almorzos e nas cañas e viños de media tarde. Abre ás 8 da mañá e os seus pinchos de tortilla e bocadillos varios fan que o Monforte se encha.toño

O mesmo pasa pola tarde, tomar un viño ou unha cervexa acompañado por un pincho que cociñan a diario, é un aliciente para que moitos veciños e veciñas se pasan polo local. A súa afluencia de clientes tamén ten que ver co feito de que o bar se atopa no centro de Xinzo nunha zona de paso de moita xente.

Conta con servizo de lotería e mesmo teñen entregado premios como un de 150 mil euros. Na fin de semana, é o espazo de moda que escollen as pandillas de xente máis nova e non tan novos, que saen a divertirse.

O local é un referente no fútbol da zona, pois foi sede fundadora do Antela FC no 1971, e mesmo contan cunha placa no bar que lembra este feito tan relevante e que se levou a cabo da man do pai de Antonio.