Benposta, ou a Nación dos Muchachos

390
Benposta, ou a Nación dos Muchachos

Abriu a súa exposición no Museo Galego do Entroido

Mais de 400 pezas entre fotos, traxes, \“afiches\” e material pertencente o circo da Ciudad dosesforzo Muchachos de Ourense, expóñense dende hoxe en Xinzo.

391

Un traballo de meses, como dixo o concelleiro Carlos Gómez, de esforzó e adicación deron o froito traendo a Xinzo por primeira vez a historia viva do que foron mais de 60 anos da vida de Benposta.

2Participou na presentación Tony Martínez, actual presidente da Fundación Benposta, para agradecer a o Concello de Xinzo o esforzo que se levou a cabo pola entidade e polas persoas que fixeron posible que esta exposición estea aberta por primeira vez, para recordar os 61 anos de vida de Benposta.

Os 61 anos, posto que segundo el manifestou, a idea, a filosofía e o espírito de Benposta segue vivo nas 17 persoas que viven actualmente nas poucas instalación que alí quedan, pero que espera que cos proxectos que teñen en marcha algún día a Benposta do século XXI se asemelle a do XX.

Os fortes abaixo, os débiles arriba e o neno no cumio

1Baixo este lema nacía todo o ideario do espectáculos circense dos Muchachos , que comezou na Plaza de Catalunya no ano 1966 e percorreu mais de 85 países en lugares tan emblemáticos como o Grand Palais de Paris ou o Madison Square Garden de New York.

Entre os moitos obxectos que se poden ver na exposición están as chaves de cidades importantes entregadas polos seus dignatarios como por exemplo as da cidade de Berlín.