sábado 22/1/22

Unha das colaboradoras de Dende A Limia Adriana Jiménez convertíase en mamá o pasado venres

REDACCIÓN

[email protected]

Xinzo de Limia aumentaba o seu censo coa chegada do seu veciño máis novo, Martín Ferreiro, o pasado venres día 4 de abril.

A orgullosa mamá e colaboradora deste medio, Adriana Jiménez daba a luz a todo un homiño de 5 quilos e 55 centímetros hai apenas dous días. O certo é que Martín debía estar moi cómodo na tripa e fíxose de rogar un pouquiño, pero finalmente xa está aquí para alegría dos seus papás, e da Limia enteira.

Benvido Martín! e parabéns aos papás de parte de Dende a Limia.com!

 

Comentarios