27 de agosto de 2014, 15:48
"Viaxe sen retorno", é o derradeiro libro do escritor limiao Manuel Mandianes, que foi presentado na tarde de onte martes no auditorio de Xinzo
Familiares, amigos e case toda a corporación municipal de Xinzo, déronse cita na tarde de onte para asistir a presentación do libro de Manuel Mandianes Viaxe sen retorno. Primeiro tomou a palabra o seu presentador, Bieito Ledo, compañeiro de estudos de Mandianes, e tamén escritor. Despois de louvar, como non podía ser doutra maneira o autor de Viaxe sen retorno, tomou a palabra o autor, para falar un pouco do seu libro. Mandianes, explicou, polo miúdo o siñificado do título do mesmo, e sobre de todo fixo fincapé no de sen retorno, contando varias anécdotas ó respeto. Tamén quixo destacar as situación cas que se encontraban ós emigrantes, sen coñecer a lingua, e nin sequera saber onde estaban. Fixo referencia tamén ó que lle ocorre a El, que vive entre Barcelona e Lourees. Alí e o galego, e aquí é o catalán. Recordounos que todos dicimos no verán, ahí veñen ós cataláns , cando son galegos que viven alá e veñen de vacacións a su aterra. Acabado o acto departiu amigablemente con todos ós presentes, firmando o libro, a aqueles que conseguiron facerse con el, posto que en Xinzo xa estaba esgotado.