CADA VEZ MÁIS XENTE NO ESQUECEMENTO

35329229_1796968950391573_6828927365607849984_n
CADA VEZ MÁIS XENTE NO ESQUECEMENTO

Xa non temos sitios para máis grupos, tanto de castrexos como de romanos

Iván, representante da Asociación Cultural Civitas Limicorum, contounos como é a situación do Esquecemento este ano, dende o número de participantes ata cal é a financiación que reciben e como a xestionan

IMG_9757A festa do Esquecemento este ano aumentou no número de participantes, e pasouse de 300 e pico a 454 socios, aumentando en sete as casetas castrexas e seis as romanas. Recorda que facerse socio costa 10€ ao ano, posiblemente se suba a tarifa o ano que ven.

Este ano en seguridade gastaranse sobre 2.000€, entre seguro de accidentes, empresa de seguridade e demáis gastos. O número de participantes no Esquecemento 2018 vaise poder comparar as primeiras edicións, cando máis xente había. Iván recordanos eses anos escuros onde o Esquecemento casi se perdeu, pero como con esforzo foise recuperando.

En cuanto o mercado de artesanías, é o máis grande que hai na provincia, incluso comparado co mercado medieval que hai en Ourense cidade. Hai máis de 40 postos de artesáns que veñen a participar, e a pesares de subir a cuota para participar no mercado, a xente entendeu esa subida e comentou que seguía sendo moi barata para o que é.

FINANCIACIÓN E GASTOS DO ESQUECEMENTO

A financiación pública ven da man dunha subvención da Deputación de Ourense de 15,000€, os cales foron adxudicados para pagar a animación deste ano. Respecto o Concello estase esperando a realizar esa última reunión que está sine die, pero esperase que sexa esta semana.

Iván continúa dicindo que dende o Concello a intención é axudar e apoiar ó Esquecemento, pero que debe haber trabas a nivel técnico ou político que impide unha relación fluída.
IMG_20180727_114916Estas trabas non son só coa Asociación Cultural Civitas Limicorum, a responsable do Esquecemento, senón con outro tipo de asociacións tamén.

O Concello de Xinzo calificou o Esquecemento como a segunda festa municipal de Xinzo, pero saben que aínda que non se apoiase seguiríase facendo igual. Iván di que ante este desleixo do Concello, a Asociación Cultural Civitas Limicorum podería chegar a facer a festa privada.

O coste da festa este ano estará entre 30.000 ou 35.000 euros, dos cales unha cuarta parte van en actuacións e decoracións que están enfocadas directamente á poboación da vila e os turistas, aínda que non participen na festa nin sexan socios.

O recinto do campamento custa sobre 10.000 euros, pero a festa non é so para os participantes do campamento,é intención da Asociación que festa sexa para todos os veciños e os potenciais turistas que acudan. Iso é o maior gasto que conleva a festa, pois xa só o Circo Romano custa 8.000€ que é o que a xente máis lle gusta ver.

Iván, dende a postura da Asociación reclama que ese tipo de gastos debería cubrilos o Concello e por iso se intenta chegar a un convenio con este. O convenio parecía que quedara claro o ano pasado, pero ante estas trabas que merman a vida social e política da Asociación, semella que iso non é así.

Pese a non ter apoio municipal, Iván comentanos que o Esquecemento a nivel económico está nunha situación de “case bonanza”, como el mesmo dí, e que de momento hai cartos, pero canto máis haxa, maior repercusión terá a festa. A Xunta nunca apoiou a festa con financiación directa, senón que o ano pasado pagou a carteleria, e este ano aínda se está a espera de cal será a súa aportación.

As pretensións da Asociación son de falar con institucións públicas para que apoien o Esquecemento, e facerlles entender que non é unha festa calquera. As peticións enviáronse fai un mes, pero existen cuestións protocolarias que posiblemente impidan que o que se poida conseguir se aplique neste ano 2018.

REUNIÓN CO CONCELLEIRO RESPONSABLEIMG_3254

O xoves pasado os responsábeis do Esquecemento xa se reuniron coa persoa designada polo alcalde, para que este ano sexa o interlocutor directo coa institución no tocante a infraestrutura. Esta mesma tarde o representante de Civitas comunicou que todo o que se pedira o Concello no tocante a infraestrutura e colaboración de brigada etc, estaba resolto. Que unicamente faltaba outra pequena axuda económica que eles solicitan de 5.000 € aproximadamente e que o alcalde López Casas, prometeu facer todos os esforzos políticos para que esa axuda vaia adiante