Cambio nos horarios e de empresa xestora do Museo Galego do Entroido

sala principal do Mugae
Cambio nos horarios e de empresa xestora do Museo Galego do Entroido

Abrirá de novo as súas portas o venres 14 de maio

A partir desta nova reapertura, despois de varios meses pechado o horario de apertura, coincidirá máis co público turista, segundo explica o Cesar Fernández, vicepresidente da Deputación, organismo do que depende o Mugae.

Permanecerá aberto todos os sábados , domingos e festivos dende as 10 ás 13h e a partir das 16 ata as 18,30. Tamén no mesmo horario permanecerá aberto os venres para visitas organizadas, sobre todo para grupos escolares.

NOVA EMPRESA ADXUDICATARIA

Neste novo contrato que rematará a finais de este ano presentáronse varias empresas entre elas a adxudicataria ata agora, pero nesta ocasión a empresa que se encargará do funcionamento será Limersa .S.L., pero tendo que asumir a persoa que estaba a fronte da instalación ata agora.

NOVO CONTRATO DE LONGA DURACIÓN

La idea era sacar un contrato hasta final de año para, posteriormente, ir planificando lo que será la actividad del museo de cara al futuro buscando una fórmula más amplia y más estable para no tener que estar renovando el contrato de manera periódica como se estaba haciendo. Vamos a intentar elaborar un pliego con un contrato más ambicioso, anunciou en comparecencia esta semana o vicepresidente da Deputación, César Fernández, responsable directo do museo.