4 de mayo de 2022, 19:53
O alumnado de 4 anos de Educación infantil de 4 anos do CEIP CARLOS CASARES desfrutou dunha xornada de mobilidade sostible, segura e saudable , realizando un percorrido urbano e periurbano por un tramo da VIA DA PRATA o seu paso pola vila.

Contamos coa colaboración do Concello, Policía Local, Protección Civil e a DGT.
Tamén aproveitaron a saída para recoller mascarillas ,latas, papeis...que encontraron no camiño para por de manifesto o seu compromiso co medio ambiente.
Os cativos recibiron a LIMIANA que acredita que realizaron á pé un tramo da VIA DA PRATA correspondente ao Concello de XINZO DE LIMIA.
