sábado. 03.06.2023

    Nelson Plácido e un mozo bailarín que no 2015 se converteu no campión mundial de pasos libres de baile. A súa vida dedicada ó baile deulle esta recompensa no pasado ano. 

Agora visita Xinzo para participar no festival de fin de curso que organiza a Academia Danzón e que terá lugar o xoves a partir das 21.45h na Praza Carlos Casares. 

Os alumnos e alumnas deleitarán ó público cos seus bailes. Ademáis de moita música e coreografías tamén haberá un posto da xente de Limisi coas últimas novidades nas que andan traballando. 

Dende a organización sinalan que ó remate das actuacións terá lugar unha festa social que estará animada por Nelson Plácido entre outros. 

O campión mundial de pasos libres de baile de 2015 no festival da Academia Danzón
Comentarios