O “Carlos Casares” celebrou cunha festa o día das Letras Galegas”

IMG-20180519-WA0023
O “Carlos Casares” celebrou cunha festa o día das Letras Galegas”

“O que nos distingue como galegos, é a nosa lingua”-López Casas

O día 18, ao longo de toda a mañá, e como xa vén sendo tradición, os nenos e nenas de Infantil e Primaria do CEIP Carlos Casares conmemoraron o Día das Letras Galegas realizando distintas actividades: obradoiros, lecturas, actividades plásticas, visitas de escritores...


IMG-20180519-WA0025

Como invitados especiais, o exdirector e exmestre do centro e Alcalde de Xinzo de Limia D. Manuel López Casas, o exdirector e exmestre D. Manuel Cid Pérez. Acompañáballes o concelleiro de Deportes, Educación e Xuventude, Luís M. Gil.


O alcalde de Xinzo quixo agradecer a mestres e mestras os labores educativos e a utilización da lingua galega como vehículo do pensamento que nos achega a nosa propia cultura porque, “O que nos distingue como galegos, é a nosa lingua”