lunes. 25.09.2023

Esta mañá quixemos pulsar a opinión dos directores dos CEIP de Xinzo de cara ao curso que comeza o próximo luns.

O Carlos Casares continuará insistindo coa mesma “filosofía” e mesma dinámica de respecto pola  diversidade e a Igualdade, dende todos os frentes, aínda que sexa con bandeiras insiste o director.

Con respecto a matrícula baixou un pouco, sobre todo en infantíl onde as aulas pasan de ser de 25 a 15 co cal a atención por parte do profesorado será de máis calidade.

No cómputo xeral baixan de 392 a 370, aínda que nestes días están matriculándose alumnado de Latinoamérica, sobre todo de Venezuela, Colombia e Chile. Remarca o director que eles esperaban alumnado de Ucraína, e non se matriculou ningún desa nacionalidade.

PROBLEMAS PARA METER UN HORNO EN EL COMEDOR

2
Interior Ceip Carlos Casares

Moita satisfacción se lle notaba na cara ao director posto que este ano a Xunta mandoulle un forno novo para o comedor, iso si cun pequeno problema que houbo que retocar algún tabique de portas porque non entraba. Recordar que este centro levou un premio no curso pasado por ter unha dieta axeitada e de proximidade.

MAIS DE 250 PLAZAS NO COMEDOR

No comedor, atendido por nais pertencentes a comunidade educativa acoden cada día máis de 250 rapaces e rapazas. Non é que teñamos problemas con esta xestión, pero si temos que insistir moito para que acudan nais e pais que axuden no comedor.

Noutro senso, pero falando tamén de nais e pais o centro está altamente satisfeito coa labor e colaboración da ANPA. Están sempre dispostos a colaborar co centro en calquera cousa que se lles pide, afirma rotundo o director.