A carreira popular Torre do Castro segue sumando edicións

presentacion torre do castro 2014
A carreira popular Torre do Castro segue sumando edicións
Celebrarase por quinto ano consecutivo no Concello de Sandiás o vindeiro día 1 de xuño REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A carreira popular Torre do...

Celebrarase por quinto ano consecutivo no Concello de Sandiás o vindeiro día 1 de xuño

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A carreira popular Torre do Castro celebrará a súa quinta edición o vindeiro domingo 1 de xuño, así o fixeron saber a alcaldesa de Sandiás, Concepción Méndez e o presidente da Asociación Limiactiva, Óscar Gómez na súa presentación. Estas dúas entidades “apostan unha edición máis por promover a práctica deportiva” que estará organizada por esta asociación de atletas limiá.

O período de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 29 de xuño e hai varias vías para formalizar a participación. Para anotárense na carreira os corredores poderán facelo a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, ou ben presencialmente na Casa do Concello de Sandiás así como na tenda de deportes Running Sport Ourense.

Durante a presentación da proba, Óscar Gómez quixo destacar “a nova composición dos equipos” que pasan a estar formados por 4 atletas, sendo obrigatorio que conten con polo menos, unha muller entre os seus compoñentes. Así, recordan desde a organización, “a Torre do Castro e o San Bieito de Uceira, serán testemuñas un ano máis, do estado de forma dos intrépidos atletas que se atreverán a desafiar as duras costas que levan ata a capela do santo”.