O "CDR" de Lodoselo programa novas actividades

10959346_789270594495908_1213651303987800172_n
O "CDR" de Lodoselo programa novas actividades

Dentro da área de inclusión Social e Laboral

Dende o C.D.R. “O Viso” anunciamos novas actividades da Área de inclusión social e laboral para o vindeiro curso.

O curso de español básico para persoas migrantes terá lugar a partir do 24 de setembro ata o 14 de novembro e será os luns dende as 16:30hs ata as 19:30hs.

“Limuhe” será unha actuación grupal de aprendizaxe da cultura e dos valores da sociedade de acollida para persoas migrantes que terá lugar dende o 27 de setembro ata o 29 de novembro os xoves dende as 16:30hs ata as 19:30hs.

A partir do mes de outubro, previsiblemente os mércores, terá lugar un obradoiro de formación dixital para persoas que a queiran adquirir no Centro de Inclusión de Lodoselo.

Continuamos co Programa Ruralemprégate a través do cal se promove a incorporación laboral de persoas desempregadas da Comarca da Limia e do Programa Includere para a incorporación social de persoas en situación de vulnerabilidade.

No marco do Programa Ruralemprégate desenvolveranse novos obradoiros de animación sociolaboral con mocidade nos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia a cargo da subvención Iniciativa Xove 2018. Esta actividade é subvencionada dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a cargo da Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria

Estas actuacións contarán de xeito transversal co Servizo de canguraxe e apoio á conciliación da vida persoal, familiar e laboral dispoñendo dunha profesional que coide das e dos menores, persoas maiores e/ou dependentes individualmente ou en grupo. A finalidade é facilitar a participación das persoas coidadoras nalgunha ou varias das actividades.

Estas actividades son realizadas ao abeiro da Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).