CDR O VISO Construyendo una normalidad que revierta esta anomalía

WhatsApp Image 2020-04-28 at 15.49.19
CDR O VISO Construyendo una normalidad que revierta esta anomalía

En la que los otros nos conciernen

Colaboración cos servizos sociais comunitarios dos concellos de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Trasmiras, Sandías...Dende que empezou esta situación de alarma e confinamento chegamos a máis de 130 persoas, para facilitar produtos frescos de alimentación, e outros bens de primeira necesidade para persoas en situación de vulnerabilidade polo covid-19

Nas últimas semanas temos reforzado as sinerxias entre os distintos axentes sociais da Comarca da Limia para facilitar o afrontamento das necesidades básicas de persoas en situación de vulnerabilidade e afectadas polo COVID-19.

WhatsApp Image 2020-04-28 at 15.49.18 (2)Así pois, entre o martes 28 e o xoves 30 de abril repartíronse produtos frescos de alimentación –moitos deles provenientes das doazóns do Mercadona de Xinzo, Vegalsa e Gadisa - para aproximadamente 60 persoas pertencentes ó Concello de Vilar de Barrio. Pola nosa parte, organizamos os lotes no Centro de Inclusión e Protección Civil veu a recollelos e encargouse do seu reparto.
Esta semana, o mércores 6, foi a quenda do Concello de Sarreaus que veu a buscar nove lotes para 18 persoas do noso municipio. Preparamos os lotes que incluíron produtos frescos e variados de alimentación e Protección Civil veu a por eles e repartiunos no día.
É de salientar que temos asinados convenios de colaboración e certificados de coordinación continuada e periódica para facilitar que os diferentes programas e servizos que prestamos redunden nunha atención integrada e de calidade para as persoas usuarias e participantes en cada unha das nosas accións, para avaliar novas necesidades. Nas vindeiras semanas repartirase tamén á familias dos concellos de Trasmiras e Sandiás.

Seguiremos colaborando nesta liña, cos concellos da comarca da Limia debido á elevada demanda de persoas e familias empobrecidas e afectadas polo COVID-19 en coordinación cos servizos sociais comunitarios dos distintos concellos para que a axuda prestada chegue a quen a precise e se preveña a duplicidade da mesma.