O CDR "O Viso" crea "UN ESPAZO SENSORIAL"

10-13-9-33.admin.WhatsApp_Image_2020-07-07_at_13.58.14
O CDR "O Viso" crea "UN ESPAZO SENSORIAL"
Arredor da casa de inclusión e da Casa Niño

Con este novo proxecto “creación dun espazo sensorial” totalmente accesible e que poñemos a andar, non se pretende repetir e duplicar os servizos que xa hai, senón posibilitar unha fiestra de colaboración entre todas as persoas e entidades para termos e gozar de espazos de convivencia e traballo que axuden a complementar as intervencións terapéuticas; e contra a discriminación, a estigmatización, a excesiva parcelación da vida en etapas… apostar pola inclusión, por coidarmos da vida, por sentir que facemos parte uns dos outros.
10-13-9-33.admin.WhatsApp_Image_2020-07-07_at_13.58.14Trátase da Creación dun espazo axardinado estimulante nos arredores do centro de inclusión e a casa niño Lodoselo por e para todas as persoas. Ccomplementando os servizos e os programas que xa se fan dende o centro de inclusión que da cobertura das necesidades básicas (hixiene, alimentación a través do comedor social e comunitario, servizo de lavandaría, atención psicolóxica e prevención da dependencia e promoción da autonomía), da casa niño, da vivenda comunitaria, do pobo escola…
Este xardín sensitivo está pensado para o deleite de toda a poboación. Co imprevisto cambio de plans a conta da pandemia (tiñamos planificado crealo coa propia xente participante nos nosos programas) e contando coa experiencia de persoas especializadas no ámbito educativo,rural, musical, artístico… (profesionais e afeccionados). Executouse unha primeira fase só con estas persoas (e é de xustiza nomear aquí polo menos a Eloi e Pili, Tomás, Manolo…) que foron preparando o terreo, adquirindo materiais e plantas, adecuando os espazos e accesos, buscando o material máis axeitado, creando soportes e mobiliario… que agora nos invitan, incentivan e permiten manter avivados os sentidos e conectados coa contorna. Só temos que achegarnos e gozar desta provocadora proposta.
Agora coa incorporación, daquela maneira, pouco a pouco, dalgúns dos principais beneficiarios toca ir facendo os axustes e mantemento deste espazo educativo como acción permanente. Coa pretensión de seguir aumentado en distintas fases a súa amplitude arredor de todo o eido e as dependencias do Centro.

Este proxecto foi presentado polo CDR O Viso, na última convocatoria do IRPF da Xunta de Galicia, a través de Terra e Xente; dentro do programa capacidade inclusiva rural activa dirixido a mellorar a calidade de vida, a autonomía persoal e a inclusión social e laboral das persoas ( tendo moi en conta a diversidade funcional).

https://www.youtube.com/watch?v=A2hdpmIDAn8 Un paseo polo espazo comentado por Tomás