O CDR O Viso, imparte e comparte coñecementos

2-11-42-39.admin.WhatsApp_Image_2022-04-29_at_8.38.46_AM3
O CDR O Viso, imparte e comparte coñecementos
Co alumnado de Atención a Persoas en Situación de Dependencia de Viana do Bolo

Unhas amigas de Viana do Bolo axudáronnos o pasado mércores 27 de abril a reflexionar sobre os coidados á xente que o necesita no rural. Son estudantes da formación profesional de Atención a persoas en situación de dependencia pero tamén son traballadoras, familia e veciñas das persoas que xa atenden.

2-11-42-8.admin.WhatsApp_Image_2022-04-29_at_8.38.46_AM


Coma nós, pensan que o espazo no que se coide ás persoas como as súas propias escollas teñen que ser os piares no que se asente todo o que vén despois. Explicáronnos como é a realidade da atención, tanto no domicilio coma residencial, na súa comarca e nós contámoslle o que facemos. Contoullo a Helena, contoullo o Mateo, contoullo a Luci......e as visitantes construíron a súa imaxe no CDR.
Viñeron cun vello amigo do CDR, o Xermán A. Muíños, que nos quere tan ben coma nós a el.

2-11-40-35.admin.WhatsApp_Image_2022-04-29_at_8.38.47_AM