Celanova acolle un obradoiro de doces de Nadal

obradoirocelanova
Celanova acolle un obradoiro de doces de Nadal

O taller está a ter lugar na Casa dos Poetas.

Onte, sábado 3, a Casa dos Poetas de Celanova acolleu a primeira xornada do seu "Obradoiro de doces de Nadal", que terá continuidade os sábados 10 e 17 deste mesmo mes. O taller está organizado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova en colaboración coa Asociación Cultural As Ortigas, e terá lugar en sesión de tarde, de 16:30 a 18:00 horas.

Baixo a supervisión do cociñeiro Martín Álvarez, os rapaces aprenderán a realizar doces típicos destas datas como turrón de lacasitos, de lambonadas ou de conguitos, polvoróns e guirlache. Tamén recibirán instruccións para a realización doutros doces como os suspiros, cake pops, biscoitos ou noces garrapiñadas. O derradeiro día do obradoiro será para os pasteis recheos de mousse de turrón, trufas e figuriñas de mazapán.