En Celanova o sábado 20 de outubro

IMG-20181021-WA0007
En Celanova o sábado 20 de outubro

A Agrupación de voluntarios de Protección Civil celebrou a reunión anual de voluntarios da provincia

O sábado o Claustro do Mosteiro de Celanova, foi o escenario no que se reuniron mais de 50 agrupacións de voluntarios da provincia de Ourense. Máis de 400 compoñentes das asociacións de voluntarios participaron nos talleres que se levaron a cabo durante toda a xornada.

No primeiro deles participou a UME (Unidade Militar de Emerxencia) cun taller sobre incendios forestais. Por grupos os asistentes participaron tamén en talleres sobre accidentes, Velutinas, sinalizacións de accidentes de tráfico e sinalizacións de rallys.

Despois da comida de confraternización, onde participaron a maioría dos responsables das agrupacións fóronlle entregadas medallas e distincións a varios voluntarios que destacaron polos seus traballos.

Manuel Cabas, alcalde de Xinzo, participou ademais de por ser o alcalde de Xinzo, por ser o responsable da agrupación de Xinzo, que foi unha das máis galardoadas da provincia.