Cero positivos do 100% das probas feitas esta tarde

Persoas recien feitas as probas a espera dos resultados visuais
Cero positivos do 100% das probas feitas esta tarde

150 persoas estaban citadas para a proba de antíxenos e as 19:00 xa ían case o 90%

Dobre satisfacción no equipo que esta tarde se trasladou a Xinzo para facer un rastrexo de antíxenos ante a elevada taxa de contaxios que estamos a ter no noso concello e na Limia.
A esta hora a responsable do equipo que se trasladou ata Xinzo, formado por 5 persoas, respondía a dendealimia que, o resultado desta primeira tarde era dobremente satisfactorio. Primeiramente porque practicamente a totalidade das persoas citadas, por petición propia, xa habían pasado a facerse a proba e a segunda satisfacción era que o 100% das probas que se habían practicado tiveran o resultado de NEGATIVO.

Poucos nervios tanto na proba como na espera.

O procedemento comeza ás portas do concello, onde unha persoa identifica a quen se quere facer a proba, comprobando que está na citación por SMS.
Pasa logo ao interior para facer a proba, que escasamente dura uns segundos, para posteriormente sentarse nas cadeiras habilitadas e esperar 15 “largos minutos” para que unha vez comprobados visualmente os resultados por unha técnica, facer cola para que a administrativa correspondente reflexe o resultado na aplicación correspondente.


Recordar que solo poden vir as persoas que están citadas, no día que se lles asinou.

O mércores o seguinte día de probas
O mércores 12 a partir das 15:00 volverán abrir as portas do salón de plenos para continuar cos cribados por test de antíxenos.