Chamada á solidariedade de Limisi

IMG-20190910-WA0016
Chamada á solidariedade de Limisi
O 27 de setembro celebrará o seu tradicional Mercado Solidario

A asociación Limisi, un ano máis fai unha chamada a "solidariedade" para organizar o seu Mercado Solidario. Este ano celebrarase o venres 27 de setembro. Indican que nesta semana están a facer todas aquelas recollidas das cousas que os veciños e veciñas da Limia queren doar para este mercado. Todos aqueles que queiran participar coa doazón de libros, móbeis, electrónica etc, poden chamar ao tf. 988 688 377 ou 685 86 80 65.

Recórdanlle a poboación, que son eles mesmos os que se desprazarán ata os domicilios a recoller os obxectos.

SOLICITUDE DE VOLUNTARIOS

IMG-20190912-WA0003

Tamén a mesma asociación Limisi fai un chamamento a sociedade neste caso solicitando voluntarios. Precisamente para a celebración do mercado solidario precisan de voluntarios e voluntarias para levar a cabo o mesmo. Os interesados en botar unha man, pódeno facer aos mesmos teléfonos.