15 de enero de 2018, 23:23
O auditorio da Casa de Cultura de Xinzo é o lugar escollido polo Equipo de Atención Primaria da comarca para levar a cabo unha charla coloquio sobre “O testamento vital” e as instrucións previas a levar a cabo para o documento.
A charla estará dirixida polo Dr. Alfredo Valdés Paredes, médico de atención primaria e experto en Bioética Médica ademais de ser o Presidente do comité de ética asistencial de Ourense.