Charlas formativas, sobre técnicas para descubrir o acoso e o bullying nos centros escolares polo propio alumnado

Charla en ies lagoa de antela
Charlas formativas, sobre técnicas para descubrir o acoso e o bullying nos centros escolares polo propio alumnado

Antes os xoves cando vían unha agresión, gravábana e non dicían nada, era como se aquelo que estaba a ocorrer non fora con eles, agora é todo o contrario

Vanesa Dominguez é unha das responsables de levar a cabo o Plan director da Garda Civil en Ourense contra a violencia de xénero na adolescencia así como ensinar aos propios rapaces e rapazas a detección dos mesmos.

As charlas van dirixidas aos nenos e nenas para fomentar nos adolescentes o respecto a igualdade e instruír contra a violencia de xénero, acoso escolar etc.

Sobre todo fan fincapé segundo nos comenta Vanesa que queren escoitar aos rapaces e rapazas sobre os seus coñecementos destes temas e nos ensinarlle ferramentas para detectar estes problemas, tanto nos colexios como na rúa.

Outra dos nosos obxectivos nesta campaña e ensinarlle a labor que fai e pode facer a Garda Civil, para que vexan que nos estamos para axudarlle.

AUMENTO DE CASOS DE ACOSO E VIOLENCIA DE XÉNERO

Despois de pasada a pandemia, e cos novos datos parece que os casos están a aumentar.

CAMBIO TOTAL DE ACTITUDE ANTE A VIOLENCIA

Un dos cambios que estamos a detectar que ocorre, precisamente despois da pandemia, é que antes os rapaces vían malas conductas e pasaban do tema. Agora, son os propios rapaces os que alertan e mesmo denuncian cando ven casos de maltrato en calquera das súas facetas. A raíz do que eles detectan, traballamos os corpos de seguridade.

Estas charlas en definitiva son para informar, axudar a detectar as diferentes sintomatoloxías e que sexan eles os que alerten a Garda Civil, neste caso..

Agora mudou totalmente, son os propios rapaces os que comentan cos pais,...vin isto, a titora, etc. Agora non calan. Eles mesmos son os que fomentan que se corten esas malas conductas e agresións.