A chegada da luz ou a historia do Entroido protagonistas do libro "Xinzo de Limia na memoria"
Edelmiro Martínez presenta o seu último traballo o venres día 20 na Casa da Cultura
Edelmiro Martínez volve á escrita desta volta cun libro que recolle 30 artigos que fan un repaso da historia de Xinzo. Aspectos da vida da xente da Limia que van dende o século XVIII ata os anos 50 e 60.
Entre os contidos podemos atopar situacións como a chegada da luz á vila, a construción da igrexa nova, a historia do fútbol dende 1919 ou o nacemento da radio "Ginzo-La voz de la Limia".
A presentación desta nova obra de Edelmiro terá lugar o venres día 20 ás 20.30h na Casa da Cultura de Xinzo. O acto contará coa presencia do autor acompañado polo antropólogo Manuel Mandianes, o escritor Antón Riveiro Coello e Manolo Seoane. O Coro AIMIL será o encargado de darlle o toque musical ó acto.